O Torneo na web do Concello de A Laracha
As Preseleccións Galegas Infantil e Cadete de Baloncesto Visitan A LarachaCon motivo da disputa do IV Torneo das Festas do Pilar de Baloncesto o vindeiro día 12 de outubro en Carballo, o Concello da Laracha porá á disposición da Federación Galega de Baloncesto o pavillón municipal para que na xornada do día 11 poidan adestrarse pola mañá e pola tarde as preseleccións infantil e cadete.Ás 14.00 horas está previsto que o alcalde, José Manuel López Varela, reciba aos xogadores e ao persoal técnico de ambos conxuntos no Salón de Plenos da Casa Consistorial para desexarlles unha feliz estancia na Laracha e a mellor das sortes tanto no Torneo como no futuro na práctica deste deporte.Estas dúas preseleccións disputarán no IV Torneo das Festas do Pilar de Baloncesto dous encontros ante os conxuntos do CB Basquet Coruña e o Betanzos.No Concello da Laracha o baloncesto é un dos deportes máis practicados a nivel de base. Neste ano vense de realizar nos colexios unha campaña a través do Clube e das Escolas Deportivas Municipais da Laracha e foron máis dun centenar os rapaces inscritos para adestrarse e competir ao longo de todo o ano contra outros equipos da zona
No hay comentarios:
Publicar un comentario