lunes, 13 de octubre de 2008

As mellores fotos do torneo




Un lance do partido entre CB Culleredo e Autoridades na entrega de trofeos da tarde
a preselección alevín alevín

Dous do árbitros do torneo


Balance final do torneo

O domingo desenrolouse en Carballo a cuarta edición do Torneo de Baloncesto Festas do Pilar 2008, baixo a organización da Federación Galega de Baloncesto, o Centro Artai e o Patronato Deportivo Municipal de Carballo e co patrocinio de Tendas D-3, AVITEGA, Comisión de Festas do Pilar e o Hotel Punta del Este e coa colaboración da Fundación Deporte Galego. A xornada do domingo tamén poñía punto e final a concentración das preselecións galegas infantil e cadete masculina na comarca, pois ambos equipos estiveron toda a xornada do sábado en A Laracha, onde adestraron pola mañán e pola tarde no pavillón municipal.
Numerosas autoridades se deron cita nas dúas instalacións na xornada do domingo, destcando os alcaldes de Carballo e A Laracha, os señores Evencio Ferreo e José Manuel López, respectivamente; Marcos Trigo, concelleiro de deportes do Concello de Carballo, Francisco García, xerente do Patronato Deportivo Municipal, Ramiro Cerviño, vicepresidente da Asociación Víctimas do Terrorismo de Galicia, Tito Fernández, director técnico da FEGABA, Pilar Villanueva, directora do Centro Artai, Juan Ramón García, xerente da Tenda D-3 e Juan Carracedo, presidente da Comisión de Festas do Pilar. Tamén nomes ilustres do baloncesto galego, como Manuel Aller, mítico xogador do CLESA Ferrol ou Alberto Abalde, outro dos mitos do baloncesto galego, xunto con técnicos de toda Galicia que viñeron a observar ás futuras promesas do baloncesto galego.

Éxito de público (sobre 600 persoas entre as xornadas de mañán e tarde) e de participación (douscentos deportistas, entre xogadores e adestradores) na xornada do domingo, onde doce equipos xogaron un total de oito partidos nos pavillóns de Carballo. Os aficionados pudieron ver en acción aos mellares xogadores galegos de categoría alevín, infantil e cadete, ademais dalgúns dos equipos maís punteiros da comunidade, como son Básquet Coruña e Rosalía de Santiago.
En canto ós resultados (hai que ter en conta que as preselecións galegas xogaron contra equipos unha categoría superior) foron os seguintes:

ALEVÍN FEMENINA
Galicia, 61-CB Culleredo, 10
Galicia, 59-ACB Costa da Morte+Artai, 9
ALEVÍN MASCULINA
Galicia, 52-Básquet Coruña, 72
Galicia, 37-Centro Artai, 87

INFANTIL MASCULINA
Galcia, 46-Básquet Coruña, 97
Galicia, 37-Rosalía,54

CADETE MASCULINA
Galicia, 52-Básquet Coruña, 66
Galicia, 63-CB Rosalía,93


martes, 7 de octubre de 2008

O torneo na web da FEGABA



O Torneo na web da FEGABA

As Preseleccións Galegas Alevíns feminina e masculina e as Infantil e Cadete Masculinas participarán no IV Torneo de Baloncesto Festas do Pilar07/10/2008 As Preseleccións Galegas Alevíns masculina e feminina e as Infantil e Cadete Masculinas participarán este domingo, 12 de outubro, no IV Torneo de Baloncesto Festas do Pilar.Esta competición servirá, no caso das Preseleccións Infantil e Cadete masculinas, como peche a unha concentración que se iniciará o día anterior, sábado, en Laracha. Así, os xogadores e xogadoras desprazaranse ata esta vila para realizar, en horario de mañá, sendos adestramentos no Pavillón Municipal. Xa o domingo, desprazaranse ata Carballo para acometer a súa participación no Torneo.Preseleccións AlevínsPola súa banda, as Preseleccións Galegas Alevíns concentraranse xa en Caraballo o mesmo día 12, a data do Torneo.Calendario e ParticipantesEn documento axunto podes consultar o calendario completo e todos os participantes deste IV Torneo de Baloncesto Festas do Pilar. Así mesmo, podes ollar o listado das Preseleccións Galegas que participan nesta competición.

O Torneo na web do Concello de A Laracha



O Torneo na web do Concello de A Laracha
As Preseleccións Galegas Infantil e Cadete de Baloncesto Visitan A LarachaCon motivo da disputa do IV Torneo das Festas do Pilar de Baloncesto o vindeiro día 12 de outubro en Carballo, o Concello da Laracha porá á disposición da Federación Galega de Baloncesto o pavillón municipal para que na xornada do día 11 poidan adestrarse pola mañá e pola tarde as preseleccións infantil e cadete.Ás 14.00 horas está previsto que o alcalde, José Manuel López Varela, reciba aos xogadores e ao persoal técnico de ambos conxuntos no Salón de Plenos da Casa Consistorial para desexarlles unha feliz estancia na Laracha e a mellor das sortes tanto no Torneo como no futuro na práctica deste deporte.Estas dúas preseleccións disputarán no IV Torneo das Festas do Pilar de Baloncesto dous encontros ante os conxuntos do CB Basquet Coruña e o Betanzos.No Concello da Laracha o baloncesto é un dos deportes máis practicados a nivel de base. Neste ano vense de realizar nos colexios unha campaña a través do Clube e das Escolas Deportivas Municipais da Laracha e foron máis dun centenar os rapaces inscritos para adestrarse e competir ao longo de todo o ano contra outros equipos da zona

o Torneo na web do Concello de Carballo


O IV Torneo de Baloncesto Festas do Pilar centrará en Carballo a actividade das bases deste deporte en Galicia-->
06/10/2008 A capital municipal carballesa acolle o 12 de outubro o IV Torneo de Baloncesto Festas do Pilar, unha cita que este ano aglutina ao deporte de base de cinco clubes como son o do colexio Artai carballés, o ACB Costa da Morte, o Basquet Coruña, o CB Culleredo e o CB Rosalía, ademais das preseleccións da Federación Galega de Baloncesto. Nesta edición, o torneo chega a un novo nivel e amplía a súa marxe de acción ao poder contar coas categorías inferiores de clubes como o Basquet Coruña, que conta hoxe en día coa maior canteira de xóvenes baloncestistas de Galicia.
Dende a organización, Joaquín Moreira sinala que esta cita suporá a chegada de entre 300 e 400 persoas a Carballo a próxima fin de semana, tan só entre os espectadores movilizados a través das preseleccións da Federación Galega, aos que haberá que unir os do resto dos clubes, o que permitirá que a maioría da actividade baloncestística das categorías de base en Galicia se centre en Carballo durante este torneo. Javier García, en representación da Federación Galega, amosou a súa satisfacción polo que califica como unha "bonita xornada" que espera que se repita no futuro.Pola súa banda, o Alcalde, Evencio Ferrero, quixo felicitar á organización polo seu labor coa creación dun torneo que espera que sirva para "dar proxección a novos valores". Ferrero subliñou o labor das escolas deportivas de Carballo "imitado por outros concellos" e desexou que o baloncesto "poida contar con estes escaparates durante moito tempo". Os enfrontamentos desenvolveranse no pavillón da Zona Escolar e no pavillón Bergantiños o domingo 12 de outubro de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas. Ademais do Artai e da Federación Galega, organizan o Concello de Carballo e o Padroado Deportivo Municipal. Patrocinan a Comisión de Festas do Pilar, a tenda deportiva De-Tres e o hotel Punta del Este.

lunes, 6 de octubre de 2008


O próximo luns, 6 de outubro, terá lugar no Concello de Carballo o acto de presentación do IV Torneo de Baloncesto Festas do Pilar 2008. Nese acto estará Evencio Ferrero, como Alcalde do Concello de Carballo, Pilar Villanueva, como directora do Centro Artai, Ramiro Cerviño, como representante de AVITEGA, Juan Carracedo, pola Comisión de Festas do Pilar e Yolanda Cobelo, xerente da Tenda de Deportes D-3 e Javier García como representante representante da FEGABA.
O acto servirá para presentar o cartel do torneo, no que participan os seguintes equipos:
Preselección galega alevín masculina
Preselección galega alevín femenina
Preselección galega infantil masculina
Preselección galega cadete masculina
Básquet Coruña junior masculino
Básquet Coruña cadete masculino
Básquet Coruña infantil masculino
Artai infantil masculino
CB Culleredo
ACB Costa da Morte infantil femenino
CB Rosalía cadete masculino
CB Rosalía junior masculino
Estes doce equipos xogarán nos pavillóns da Zona Escolar e Bergantiños pola mañán e pola tarde. Destacar que ademais do torneo, as preselecións infantil e cadete estarán concentradas toda a fin de semana en Carballo, adestrando o sábado en A Laracha e disputando o torneo o domingo.